Sanrizuka — Os campesiños da segunda fortaleza
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Sanrizuka — Os campesiños da segunda fortaleza
- Repertorio
- DCP2K
Un fito fundamental da historia do documental xaponés e cuarta dunha serie de sete películas dirixidas polo colectivo cinematográfico Ogawa Productions que documenta o longo movemento de protesta do campesiñado contra a construción do novo aeroporto de Narita en Sanrizuka.
Logo de varios anos de protesta, as autoridades inician expropiacións forzosas, desencadeando unha gran violencia. O campesiñado, axudado polo estudantado, enfronta a loita cun renovado sentimento de resistencia. Os cineastas adéntranse no corazón da loita, seguen os preparativos dos combates e participan neles. Entre momentos de enorme tensión, dan voz aos labregos, ás razóns da súa resistencia, a súa cólera e as súas esperanzas.
Versión dixital exportada para esta proxección polo Athénée Français Cultural Center de Toquio | O pase do sábado 15 de xuño contará con presentación de Ricardo Matos Cabo, programador e investigador da obra de Ogawa Productions
- Título orixinal: Sanrizuka—Daini toride no hitobito / 三里塚 第二砦の人々
- Ano: 1971
- Duración: 143 minutos
- Idioma orixinal: Xaponés
- Dirección: Ogawa Shinsuke
- Son: Asanuma Yukikazu
- Fotografía: Masaki Tamura
- Produtora: Nosaka Haruo, Fuseya Hiro, Honma Shusuke, Mikado Satayoshi, Nara Noriaki (Tóquio), Iizuka Toshio, Tadakoro Naoki, Iwasaki Seiji, Tanizu Hideko (Tohoku Ogawa Productions), Kikuchi Nobuyuki (Sapporo)
- Distribuidora: Athénée Français Cultural Center (Xapón)