La tierra os hará libres. Sepur Zarco
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
La tierra os hará libres. Sepur Zarco
- Repertorio
- DCP2K
Para as comunidades Q’eqchi’, a terra non é só o lugar onde viven e cultivan. A terra ten unha dimensión espiritual, forma parte da súa identidade e da súa memoria, e é tamén unha forma de entender a vida. É a terra o que os seus maridos defendían cando foron asasinados. É a propiedade da terra o xerme do xenocidio. E segue sendo o reparto da terra o maior foco de desigualdade e conflito de Guatemala.
A través das voces das mulleres indíxenas da comunidade de Sepur Zarco, que enfrontaron aos seus agresores sexuais e ao propio Estado guatemalteco, e das organizacións que as acompañaron, este documental percorre a súa loita pola xustiza e pon o foco nunha das súas principais demandas sen resolver: a devolución das súas terras como única forma de facer xustiza e reparar o dano.
A sesión, promovida e organizada pola ONGS AGARESO, terá entrada gratuíta até completar aforo e contará con presentación e coloquio da activista Paula Barrios.
- Título orixinal: La tierra os hará libres. Sepur Zarco
- Ano: 2026
- Duración: 44 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: AGARESO e MTM