Sesión curtametraxes galegas
- Os ollos verdes
- DCP2K
- TP
- VO
Sesión curtametraxes galegas
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX 2022
- Os ollos verdes
- DCP2K
- TP
LUNS 6 DE XUÑO
Os Corpos
Eloy Domínguez Serén | 2020 | 11:00 | DOC | COL
En Ourense festéxase cada ano un dos xeitos máis antigos do entroido. Ao longo de varios días celébranse folións, corredoiros y baixadas con felos, cigarróns, pantallas e peliqueiros, personaxes que visten espectaculares traxes, que inclúen vistoras máscaras e un cinto do que colgan grandes e sonoras chocas, e que corren pola vila golpeando aos visitantes coa súa fusta. Outra tradición é a farrapada, unha batalla na que os participantes se tiran uns aos outros trapos enrolados e emboutados en lama. Tamén se combate unha guerra anárquica na que se tiran fariña e formigas, mentres un enorme himenóptero se eleva desafiante sobre a multitude.
Augas Abisais
Xacio Baño | 2020 | 25:00 | EXP, DOC | COL
Os fondos mariños, tan insondables, poden tamén ser a metáfora da nosa historia oculta, quizás dos intersticios da Guerra Civil que nunca se nos contaron. Por exemplo, dun parente que morreu nunha das súas batallas, moi novo, e do que non sabemos nada. Só se trata, entón, de sumerxirse e reconstruir esa historia.
A comuñón da miña prima Andrea
Brandán Cerviño Abeledo | 2021 | 13:00 | EXP, DOC | COL
Andrea fixo a súa primeira comuñón. Pero á cerimonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli-brilli non son cousas. O único problema é: Será que o Deus ese existe?
Monte Bravo
Noelia Mª Muíño González | 2020 | 13:00 | FICC | COL
Paula é unha nena que vive nunha vila galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Paul, ve a un home lobo no bosque. Pero, é real ou só está na súa imaxinación? Ao buscar aos irmáns para atopar ao home lobo, sumerxímonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.
Onde dormen as gaivotas
Dani Cornes | 2020 | 12:00 | FICC | COL
Nun futuro próximo afectado polo quecemento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago remoto nunha misión de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compaña é a voz de Control na súa orella. Todo vai ben, pero o tempo pasa, as tensións aumentan e dan comezo as discusións.
Cabelo
Beatriz Vilariño | 2020 | 16:00 | FICC | COL
Laura descobre unha antiga caixa que contén varios recordos da súa infancia. Este achado abrirá unha porta na súa memoria cara un lugar descoñecido que a levará a comezar unha viaxe. Unha viaxe a través do espacio físico, pero, sobre todo, a través do espacio da memoria e o espírito, provocando que todo o seu mundo mude.
- Título orixinal: Sesión curtametraxes galegas
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: VVAA
- Distribuidora: Varias