Sesión curtametraxes galegas

  • DCP2K
  • TP
  • VO

Sesión curtametraxes galegas

LUNS 6 DE XUÑO

Os Corpos
Eloy Domínguez Serén | 2020 | 11:00 | DOC | COL

En Ourense festéxase cada ano un dos xeitos máis antigos do entroido. Ao longo de varios días celébranse foliónscorredoiros y baixadas con feloscigarrónspantallas e peliqueiros, personaxes que visten espectaculares traxes, que inclúen vistoras máscaras e un cinto do que colgan grandes e sonoras chocas, e que corren pola vila golpeando aos visitantes coa súa fusta. Outra tradición é a farrapada, unha batalla na que os participantes se tiran uns aos outros trapos enrolados e emboutados en lama. Tamén se combate unha guerra anárquica na que se tiran fariña e formigas, mentres un enorme himenóptero se eleva desafiante sobre a multitude. 

Augas Abisais
Xacio Baño | 2020 | 25:00 | EXP, DOC | COL

Os fondos mariños, tan insondables, poden tamén ser a metáfora da nosa historia oculta, quizás dos intersticios da Guerra Civil que nunca se nos contaron. Por exemplo, dun parente que morreu nunha das súas batallas, moi novo, e do que non sabemos nada. Só se trata, entón, de sumerxirse e reconstruir esa historia. 

A comuñón da miña prima Andrea
Brandán Cerviño Abeledo | 2021 | 13:00 | EXP, DOC | COL

Andrea fixo a súa primeira comuñón. Pero á cerimonia fáltalle glamour. Para Andrea as cousas sen brilli-brilli non son cousas. O único problema é: Será que o Deus ese existe?

Monte Bravo
Noelia Mª Muíño González | 2020 | 13:00 | FICC | COL

Paula é unha nena que vive nunha vila galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Paul, ve a un home lobo no bosque. Pero, é real ou só está na súa imaxinación? Ao buscar aos irmáns para atopar ao home lobo, sumerxímonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.

Onde dormen as gaivotas
Dani Cornes | 2020 | 12:00 | FICC | COL

Nun futuro próximo afectado polo quecemento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago remoto nunha misión de recoñecemento. Illada do mundo, a súa única compaña é a voz de Control na súa orella. Todo vai ben, pero o tempo pasa, as tensións aumentan e dan comezo as discusións.

Cabelo
Beatriz Vilariño | 2020 | 16:00 | FICC | COL

Laura descobre unha antiga caixa que contén varios recordos da súa infancia. Este achado abrirá unha porta na súa memoria cara un lugar descoñecido que a levará a comezar unha viaxe. Unha viaxe a través do espacio físico, pero, sobre todo, a través do espacio da memoria e o espírito, provocando que todo o seu mundo mude.

  • Título orixinal: Sesión curtametraxes galegas
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: VVAA
  • Distribuidora: Varias