Sinónimos

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16
  • VOSE

Sinónimos

  • Estrea
  • DCP2K
  • +16

Yoav, un mozo israelí, marcha a París coa esperanza de que Francia e os franceses o salven da loucura do seu país. Nada máis chegar á cidade, Yoav fica literalmente espido, sen posesións nin identidade. Renace así de cero, renegando de Israel e do hebreo, e estabelece unha intrincada e sensual relación co seu benefactor Émile e a súa moza Caroline.

O terceiro filme de Navad Lapid (A profesora de párvulos) gañou o Oso de Ouro ao Mellor Filme e o Premio FIPRESCI na Berlinale e o Premio a Mellor Dirección en Sevilla «pola súa enerxía, a súa busca de novas posibilidades na linguaxe cinematográfico e un cruce moi orixinal entre identidade lingüística e persoal», por esta comedia (autobiográfica) de morte e resurección que non dá puntada sen fío.

  • Título orixinal: Synonymes
  • Ano: 2019
  • Duración: 123 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Nadav Lapid
  • Guión: Nadav Lapid, Haïm Lapid
  • Elenco: Tom Mercier, Quentin Dolmaire, Louise Chevillotte
  • Montaxe: Neta Braun, François Gédigier, Era Lapid
  • Vestiario: Khadija Zeggaï
  • Son: Marina Kertesz
  • Fotografía: Shai Goldman
  • Produtora: Pie Films (Israel), SBS Films, arte France Cinéma (Francia)
  • Distribuidora: Good Films
Berlinale 2019 (Oso de Ouro, FIPRESCI), Sevilla 2019 (Mellor dirección)