Staatsschutz / Prosecution
- Estrea
- VOSE
Staatsschutz / Prosecution
- Cineuropa 2026
- Estrea
A fiscal Seyo Kim decide combater a violencia da extrema dereita no leste de Alemaña. Cando ela mesma sofre un ataque racista do que consegue sobrevivir, comeza a investigar pola súa conta, desobedecendo as ordes dos seus superiores e poñendo en risco a súa vida. Ao levar un dos agresores ante a xustiza, trata de demostrar que forma parte dunha rede máis ampla de extrema dereita. A súa investigación lévaa a revisar arquivos e reabrir casos pechados, ata descubrir os vínculos entre varias testemuñas, a rede extremista e o ataque que sufriu.
Faraz Shariat é un director, guionista e produtor alemán de orixe iraniana. Cofundou en 2015 o colectivo e produtora Jünglinge Film, centrado en historias feministas, antirracistas e queer. A súa primeira longametraxe, Futur drei (2020), recibiu, entre outros galardóns, o premio Teddy á mellor película queer na Berlinale. Traballou tamén na dirección de series de televisión e na produción de proxectos como Schwarze früchte (2024). Prosecution é a súa segunda longametraxe.
- Título orixinal: Staatsschutz
- Ano: 2026
- Duración: 113 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Faraz Shariat
- Guión: Claudia Schaefer, Jee-Un Kim, Sun-Ju Choi
- Elenco: Chen Emilie Yan, Julia Jentsch, Alev Irmak, Kotbong Yang, Arnd Klawitter, Sebastian Urzendowsky, Petra Hartung, Kathrin Angerer, Mercy Dorcas Otieno, Benjamin Radjaipour
- Montaxe: Friederike Hohmuth
- Fotografía: Lotta Kilian
- Produtora: Paulina Lorenz, Jorgo Narjes, Faraz Shariat