Superverme

  • Estrea
  • DCP2K
  • +3
  • VE

Superverme

  • Estrea
  • DCP2K
  • +3

Superverme (Superworm), Jac Hamman, Sarah Scrimgeour, Reino Unido, 2021, 26’
Animais do bosque, non temades, ¡Supergusano está aquí! Longo, forte e con habilidades que vos sorprenderán, será capaz de axudar a arañas e sapos a saír das peores das situacións. Pero ¿quen o rescatará cando sexa capturado polo malvado lagarto? Un filme encantador, dos creadores de O Grúfalo e Zog, acompañado de catro pequenas historias sobre a amizade e o compañeirismo.

Papá batería (Battery daddy), Jeon Seung-bae, Corea del Sr, 2021, 6’15’’
Papá batería traballa todo o día dando enerxía aos xoguetes, pechaduras de portas e mandos a distancia. ¡Pero que traballo máis cansado!

Bemol (Bémol), Oana Lacroix, Suiza, 2021, 5’47’’
Un reiseñor sen plumas canta no bosque. O seu canto calma ao osiño que chora, frea as pelexas dos esquíos e entretén á parella de cisnes que nadan no lago. Un día, unha tormenta golpea o bosque.

La extraordinaria historia de Bruna, Anna Solanas, Marc Riba, España, 2021, 7’09’’
Unha noite de San Xoán, un forte vento arrastra a Bruna moi lonxe da súa casa. Será capaz de atopar a maneira de volver?

Mishou (Mishou), Milen Vitanov, Alemania–Bulgaria, 2020, 7’ 56’’
Un helicóptero cheo de turistas aterra nunha paraxe desbordante de neve. Tras unha rápida sesión de selfies, os turistas alónxanse de novo no helicóptero, deixando tralo seu paso un montón de lixo e a un pequeno can.

Os filmes están recomendados para nenos e nenas de 3 anos en diante e van ser proxectados na súa versión dobrada ao castelán.

  • Título orixinal: Superworm
  • Ano: 2021
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas