
O domador de tormentas / A gran tristeza de Zohara
- Repertorio
- DCP2K
- VOSG
O domador de tormentas / A gran tristeza de Zohara
- Repertorio
- DCP2K
O domador de tormentas (Jean Epstein | 1947 | 22 min | VOSG)
Unha moza está inquieta pola ausencia do seu prometido, que partiu a alta mar. Sae en busca dun “tempestaire”, ese mago que, segundo unha antiga crenza, ten o poder de controlar os elementos naturais. Unha das últimas alfaias do gran cineasta do mar da Bretaña, Jean Epstein.
A gran tristeza de Zohara (Nina Menkes | 1983 | 40 min | VOSG)
Alienada da súa comunidade xudía ortodoxa de Xerusalén, unha moza ábrese ao mundo do espírito. Rodeada de escuros sons do "Outro Lado", vese arrastrada a remotas e cada vez máis desoladas rexións en terras árabes. A súa viaxe, como unha busca mística a través das súas propias paisaxes interiores, culmina co seu regreso a Xerusalén. Alí, indeleblemente marcada, enfróntase á súa profunda soidade e ao seu devastador sentimento de exilio.
Sesión presentada na sala de cinema por Helena Wittmann
- Título orixinal: Le tempestaire / The Gret Sadness of Zohara
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Jean Epstein / Nina Menkes
- Guión: Jean Epstein / Nina Menkes
- Distribuidora: Lost&Found



