The Bra

  • Estrea
  • DCP 2K
  • +7
  • VO

The Bra

  • Estrea
  • DCP 2K
  • +7

Un tren de mercadorías cruza unha paisaxe verde e vasta fronte ás montañas do Cáucaso. Nos mandos, Nurlan, o maquinista que día tras día atravesa un suburbio densamente poboado de Bakú en Azerbaixán, onde os carrís están tan preto das casas que a súa locomotora practicamente percorre os vestíbulos e xardíns. No seu camiño diario atopa nenos correndo, homes que beben té e xogan ao xadrez e mulleres que colgan a roupa en tendais. O último día antes da súa xubilación, un agasallo especial de despedida, que colga dun tendal, enreda na locomotora: un fermoso suxeitador de encaixe azul. A quen pertence ese pequeno anaco de tea? Impulsado pola curiosidade, Nurlan decide ir na procura da dona do suxeitador para devolverllo.

  • Título orixinal: The Bra
  • Ano: 2018
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Veit Helmer
  • Guión: Veit Helmer, Leonie Geisinger
  • Elenco: Miki Manojlovic, Paz Vega, Denis Lavant, Chulpan Khamatova, Maia Morgenstern, Irmena Chichikova, Boryana Manoilova
  • Montaxe: Vincent Assmann
  • Son: Julian Cropp
  • Música: Cyril Morin
  • Fotografía: Felix Leiberg
  • Distribuidora: Pirámide Films