The Day of the Locust / Como praga de lagosta
- Repertorio
- VOSE
-
- VOSE
The Day of the Locust / Como praga de lagosta
- Cineuropa 2024
- Repertorio
Tod Hackett chega a Hollywood a finais dos anos trinta co soño de traballar como decorador nun grande estudio cinematográfico. Alí coñece a Faye, unha moza ambiciosa que anhela triunfar como actriz e para iso se vai arrodeando de persoas que a poidan axudar a alcanzar o seu obxectivo. Xorde un romance entre eles, pero Faye acaba preferindo o estilo de vida que lle pode ofrecer un contable solitario. A historia afonda na complexa dinámica de desexos e ambicións na busca do éxito no mundo do cinema.
Película remasterizada con motivo do seu 50 aniversario.
- Título orixinal: The Day of the Locust
- Ano: 1975
- Duración: 144 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: John Schlesinger
- Guión: Waldo Salt
- Elenco: Donald Sutherland, Karen Black, William Atherton, Burgess Meredith
- Montaxe: Jim Clark
- Fotografía: Conrad L. Hall
- Produtora: Jerome Hellman, Sheldon Schrager
Seleccionada fóra de concurso no Festival de Cannes 1975
Mellor deseño de vestiario nos BAFTA 1976