Todas las flores
- Estrea
- DCP2K
- VO
Todas las flores
- Estrea
- DCP2K
Un retrato coral da comunidade Trans que vive e traballa no Santafé, o barrio vermello de Bogotá. O drama, a soidade e os soños das mulleres transxénero que viven no prostíbulo máis emblemático da zona ofrecen unha fiestra a este universo. Todas las flores constrúe un retrato íntimo de Tabaco y Ron, un bordel de pequena escala que protexe os migrantes nunha zona sórdida onde o sexo é a mercadoría sobresaliente. Dentro dos seus límites, o bordel ofrece un oasis para as persoas que foxen desesperadamente da guerra e chegan soas, desprotexidas e traumatizadas polo conflicto armado.
O pase contará coa presenza da directora Carmen Oquendo-Villar e o profesor da USC Iván Villarmea.
- Título orixinal: Todas las flores
- Ano: 2023
- Duración: 77 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Carmen Oquendo-Villar
- Guión: Carmen Oquendo-Villar
- Montaxe: Gustavo Vasco
- Fotografía: Alejandro Ceballos Jiménez
- Produtora: Carmen Oquendo-Villar (Colombia-Puerto Rico)