Tomka e os seus amigos

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Tomka e os seus amigos

Tomka e os seus amigos xogan no seu campo de fútbol ata que un día os nazis invaden a vila e usan o campo como almacén de munición. A escenificación da guerra borra o xogo infantil, condición que o grupo non está disposto a aceptar. Ante a situación, Tomka e os seus secuaces acabarán confabulándose para recuperar o seu espazo de xogo tomado polos nazis. Keko utiliza esta aventura para falar da resistencia partisana na Segunda Guerra Mundial a nivel histórico, pero tamén da resiliencia na Albania contemporánea baixo o duro réxime estalinista de Enver Hoxha. Trátase dun filme de aspecto simple e naturalista, rodado en branco e negro cunha enorme carga poética.

Organizan Museo Reina Sofía e NUMAX | Sesión presentada por Denise Keko Andoni, neta da cineasta.

  • Título orixinal: Tomka dhe shokët e tij
  • Ano: 1977
  • Duración: 80 minutos
  • Idioma orixinal: Albanés
  • Dirección: Xhanfise Keko
  • Guión: Nasho Jorgaqi
  • Elenco: Sotiraq Çili, Pavlina Oça, Zehrudin Dokle, Xhelal Tafaj, Enea Zhegu, Herion Mustafaraj, Genci Mosho, Artan Puto, Selma Sotillari, Flurans Ilia
  • Montaxe: Xhanfise Keko
  • Dirección de arte: Shyqyri Sako
  • Vestiario: Vjollca Dylgjeri-Liza
  • Música: Aleksandër Lalo
  • Fotografía: Faruk Basha
  • Produtora: Shqipëria e Re