Transeúntes
- Os ollos verdes
- DCP2K
- +12
- VO
Transeúntes
- Os ollos verdes
- DCP2K
- +12
Proxecto arriscado froito dun minucioso traballo de máis de 20 anos de concepción e montaxe que reflicte unha visión caleidoscópica da cidade de Barcelona. Transeúntes achéganos ao efémero da vida de centos de seres humanos no seu devir particular e permítenos observalos coma se abrísemos unha gran fiestra á cidade de Barcelona, que se desprega ante nós a xeito de mapa de vidas cruzadas. As historias son percibidas como pezas incompletas que cobran todo o seu sentido ao mesturarse con outras, tamén incompletas. O incompleto, o fragmentario, o anónimo, o azaroso, o inacabado, o que se move…
- Título orixinal: Transeúntes
- Ano: 2015
- Duración: 102 minutos
- Dirección: Luis Aller
- Guión: Luis Aller, María José García
- Elenco: María Galiana, Sergi López, Santiago Ramos, Roger Coma, Duna Jové, Jordi Sánchez, Pep Munné, María José García, Joaquín Hinojosa, Lluis Marco, Iñaki Muñoz, Mónica Glaenzel, Carles Martí, Joan Massotkleiner, Josep Oriach, Joan Pera, Germán Madrid, Gemma Brio
- Montaxe: Luis Aller, Manu de la Reina, Olga Elías
- Dirección de arte: Iván Guarnizo, Marina Pozanco, Joan Sabaté
- Son: Dani Zacarías, Marc Bech, Eva Torres
- Música: Pepe Rodaller
- Fotografía: Emili Llorach, Carles Gusi, Quique López, Luis Aller
- Produtora: El Dedo en el Ojo, Grupo Cine Arte (España)
- Distribuidora: El Dedo en el Ojo
Sevilla 2015, gañador ao mellor filme da sección Resistencias. BAFICI 2015, nomeado ao mellor filme da sección internacional.