Cineuropa 2022 - Três tristes tigres
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Cineuropa 2022 - Três tristes tigres
- Cineuropa 2022
- Estrea
- DCP2K
São Paulo. Nun futuro distópico non moi afastado do presente está a circular un virus que ataca principalmente o cerebro e a capacidade de lembrar. Un estado que esqueceu un pasado marcado polo colonialismo e a ditadura agarda desesperadamente algunha indeterminada ‘Fase Dourada’. Tres mozos queer deambulan por unha cidade desangrada pola pandemia e o capitalismo desenfreado, lembrando os últimos amantes, compartindo as súas experiencias co VIH, recibindo consellos de maquillaxe e, finalmente, xuntándose con outras persoas esquecidas pola sociedade. Neste afable e surrealista estudo de Gustavo Vinagre sobre unha amnesia politicamente imposta, amenceu unha era queer na que as lembranzas só poden sobrevivir porque se comparten colectivamente transmitíndose a través das relacións afectivas. Aquelas persoas que non se preocupan por morrer ricas e privilexiadas están a experimentar a Fase Dourada neste momento. En Três tigres tristes brillan as marxes da sociedade, esquecidas pola pandemia.
- Título orixinal: Três tristes tigres
- Ano: 2022
- Duración: 86 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Gustavo Vinagre
- Guión: Tainá Muhringer, Gustavo Vinagre
- Participación: Isabella Pereira, Pedro Ribeiro, Jonata Vieira.
- Montaxe: Rodrigo Carneiro
- Fotografía: Cris Lyra
- Produtora: Carneiro Verde Filmes,Tempero Filmes do Brasil