Trote

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VO

Trote

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Filla de, irmá de..., Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Trote transcorre durante a fin de semana na que se celebra a Rapa das Bestas, a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luis, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.

  • Título orixinal: Trote
  • Ano: 2018
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Xacio Baño
  • Guión: Xacio Baño, Diego Ameixeiras
  • Elenco: María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa
  • Montaxe: Xacio Baño, Álvaro Gago Díaz
  • Son: Julius Grigelionis, Vytis Puronas
  • Fotografía: Lucía C. Pan
  • Produtora: Frida Films, Ciobreliai (España)
  • Distribuidora: Atera Films
Locarno 2018 (Cineasti del Presente), Donostia 2018 (Zabaltegui)