O Ulla si!

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Pase único 4 de maio

O Ulla si!

  • Estrea
  • DCP2K

Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras de Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa. A través de diversos materiais e linguaxes audiovisuais, captura as paisaxes, os pensamentos e as vidas do territorio con sinxeleza e honestidade. As voces e a memoria oral, que flúen ao longo do documental como o propio río Ulla, son a alma deste relato colectivo.

A sesión contará con presentación e coloquio por parte de membros da Plataforma Ulloa Viva, entidade á que será doada a totalidade da recadación da sesión.

  • Título orixinal: O Ulla si!
  • Ano: 2025
  • Duración: 66 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Produtora: Fundación Entretantos