Un cielo tan turbio
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
Un cielo tan turbio
- Estrea
- DCP2K
- +12
Á sombra de monumentais refinerías que emerxen coma templos cromados, "Un cielo tan turbio" viaxa por diversas paisaxes fronteirizas de Venezuela, o primeiro petro-estado, hoxe golpeado pola peor crise política e humanitaria que Sudamérica viviu no século XXI. Baixo ceos que auguran tormenta, somnolentos militares axexan no medio do mar Caribe, migrantes vagan por lúgubres vilas fronteirizas entre Venezuela e Brasil, e contrabandistas apuran os últimos barrís de gasolina cruzando clandestinamente polas trochas do hostil Deserto Guajiro. Todo isto ao son das esquizofrénicas novas do conflito político que emite unha radio desde a afastada capitalina. Este é un filme que retrata peregrinos e piratas, fillos orfos dunha terra que fixeron súa sen necesidade de plantar bandeiras, ou impoñer himnos; anárquicos coma a tormenta que ameaza poñer fin a este limbo onde se atopan suspendidos.
- Título orixinal: Un cielo tan turbio
- Ano: 2021
- Duración: 83 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Álvaro F. Pulpeiro
- Guión: Álvaro F. Pulpeiro
- Fotografía: Mauricio Reyes Serrano, Álvaro F. Pulpeiro
- Produtora: Coproducción España-Colombia-Reino Unido-Venezuela; Insight TWI: The World Investigates, A Cuarta Parede, A Cámara Lenta
- Distribuidora: Begin Again