Unintegra 2019: O outro lado da esperanza + Borders
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSG
Unintegra 2019: O outro lado da esperanza + Borders
- Unintegra 2019
- Estrea
- DCP2K
- +12
O outro lado da esperanza (Aki Kaurismäki, Finlandia, 2017, 98’, VOSG)
Helsinki. Dous destinos crúzanse. Wikhström, de cincuenta anos, decide mudar a súa vida e abrir un restaurante. Khaled é un mozo refuxiado sirio, que chega á capital por accidente. A súa solicitude de asilo é rexeitada pero decide ficar de todos modos. Unha tarde, Wikhström atópao na porta do seu restaurante e, emocionado, decide ofrecerlle a súa axuda.
Oso de Prata á mellor dirección Berlinale 2018.
Borders (Fronteiras) (Damjam Kozole, Eslovenia, 2016, 10’, sen diálogos)
24 de outubro de 2015. Unha fermosa paisaxe dun fermoso día de outono. Un grupo de persoas refuxiadas e migrantes, escoltadas por soldados e policías atravesan a fronteira Schengen entre Eslovenia e Croacia cara ao campo de refuxiados de Brezice. De súpeto a paisaxe xa parece
menos fermosa.
Premio NUMAX FICVerín 2018. Premio Dereitos Humanos Sarajevo Film Festival 2016.
- Título orixinal: O outro lado da esperanza + Borders
- Ano: 2017
- Idioma orixinal: Finés, inglés, árabe, sueco
- Dirección: Aki Kaurismäki