Unintegra 2019: Unha tempada en Francia + Song for the jungle

  • Estrea
  • VOSE

Unintegra 2019: Unha tempada en Francia + Song for the jungle

Unha tempada en Francia (Mahamat-Saleh Haroun, Francia, 2017, 101’, VOSE)

Abbas é profesor de francés. Fuxiu da guerra na República Centroafricana para comezar unha vida nova en Francia. Entre que lle conceden o estatuto de refuxiado, a súa vida cotiá vaise definindo: os seus fillos comezan a escola e el traballa no mercado. Nel coñece a Carole, con quen compartirá parte da súa vida. Mais se a demanda de asilo fose rexeitada, que será de Abbas e dos seus fillos? E de Carole e o fogar que reconstruíu canda eles?

Estrea en Galicia en colaboración co Festival de Cine Europeo de Sevilla.


Song for the jungle (Jean-Gabriel Périot, Francia, 2018, 15’, sen diálogos) - Premio Zabaltegi mellor filme San Sebastián 2018
Calais, unhas semanas antes de ser desmontado. A Xungla é un espazo no que milleiros de inmigrantes viven na espera de chegar a Inglaterra ou de que alguén os atenda. Deambulan por este lugar abandonado coa esperanza de sobrevivir á nosa indiferenza.

Estrea en Galicia en colaboración co Festival Internacional de Cine de San Sebastián.

  • Título orixinal: Unha tempada en Francia + Song for the jungle
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Mahamat-Saleh Haroun
  • Distribuidora: MK2