Retrospectiva Maddi Barber #01: Urpean lurra + 592 metroz goiti
- Estrea
- VO
Retrospectiva Maddi Barber #01: Urpean lurra + 592 metroz goiti
- Estrea
Urpean lurra (Maddi Barber | 50 min | 2019)
Hai case dúas décadas o pantano de Itoiz asulagou sete vilas e tres reservas naturais nas ladeiras do Pirineo navarro. O grupo ecoloxista Solidari@s con Itoiz documentou en vídeo a loita contra a súa construción. Hoxe, aqueles que estiveron alí soñan coa terra que permanece baixo a auga. As súas voces e xestos entrelázanse para dar conta dun dó individual ye colectivo que se estende até o presente.
592 metroz goiti (Maddi Barber | 24 min | 2018)
Que posibilidades de vida restan cando un territorio é completamente alterado? Nas ladeiras do Pirineo navarro, a construción da presa de Itoiz na década de 1990 asulagou sete vilas e tres reservas naturais. Unha franxa de terra espida á altura da cota 592 traza hoxe unha liña divisoria na paisaxe do vale. Por baixo da cota, a auga; por riba, a vida continúa.
- Título orixinal: Retrospectiva Maddi Barber #01: Urpean lurra + 592 metroz goiti
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Maddi Barber