Vampir-Cuadecuc + Miró l'altre + Acció Santos

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

Vampir-Cuadecuc + Miró l'altre + Acció Santos

Vampir-Cuadecuc
Pere Portabella | 1970 | 66 min

Vampir-Cuadecuc é posiblemente o filme clave para entender a transición que se produce no campo cinematográfico español desde o período dos «novos cinemas» (permitidos pola administración franquista) cara as practicas clandestinas, ilegais ou de aberta oposición ao réxime franquista.

Miró l'altre
Pere Portabella | 1969 | 15 min

Con motivo da exposición Miró Otro organizada polo Colexio de Arquitectos de Catalunya no ano 1969, a xunta propuxo a Pere Portabella rodar o que debía ser o mural de reclamo da exposición, pintado polo propio Miró, sobre os vidros exteriores da planta baixa do edificio. A Portabella non lle interesaba facer simplemente un documental testemuñal. Decidiu que rodaría se, ao acabar a exposición, o propio Joan Miró o borraba axudado polos servizos de limpeza.

Acció Santos
Pere Portabella | 1973 | 12 min

Curtametraxe formada por un par de planos fixos do pianista Carles Santos executando o preludio Op. 45 en Do sostido menor de Frederick Chopin. O segundo, amósao escoitando a súa propia interpretación nun altofalante ata que pon uns auriculares, de forma que o silencio se apropia da película e consecuentemente, tamén da audiencia presente na sala de cinema.

  • Título orixinal: Vampir-Cuadecuc + Miró l'altre + Acció Santos
  • Ano: 1970
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Pere Portabella
  • Música: Carles Santos
  • Fotografía: Manel Esteban
  • Produtora: Films 59
  • Distribuidora: Films 59