Varados

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

Varados

  • Estrea
  • DCP2K
  • TP
  • VOSE

No Mediterráneo, o mar sobre o que se fundou a nosa civilización, miles de refuxiados agardan a que Europa os acolla. Ás portas do vello continente, loitan por manter viva a esperanza a pesar das precarias condicións baixo as que subsisten. Varados achégase á vida cotiá dos refuxiados de longa duración. En edificios ocupados en Atenas ou en campos de refuxiados espallados por todo o país, estes homes e mulleres seguen á espera dunha documentación que lles permita continuar coas súas vidas.

  • Título orixinal: Varados
  • Ano: 2019
  • Duración: 72 minutos
  • Idioma orixinal: Español, Inglés, Árabe, Farsi
  • Dirección: Helena Taberna
  • Guión: Helena Taberna
  • Montaxe: Renato Sanjuán
  • Son: Jorge Alarcón
  • Música: Ignacio Bilbao
  • Fotografía: Frodo García-Conde
  • Produtora: Lamia Producciones (España)
  • Distribuidora: Márgenes
Donostia 2019 (Zinemira)