Vida oculta
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
Vida oculta
- Estrea
- DCP2K
Biopic sobre Franz Jägerstätter, un labrego austríaco católico que se opuxo á anexión de Austria con Alemaña en 1938 e que se negou a cumprir o servizo militar obrigatorio. Por estes feitos foi xulgado e condenado a morte, sendo beatificado en 2007 polo Papa Benedicto XVI. Unha historia na que terá grande importancia a relación de Franz coa súa muller Fani, unidos contra os conflitos que se crearán na súa localidade, a súa igrexa e cos seus amigos máis achegados.
O director Terrence Malick (A delgada liña vermella, A árbore da vida), ponse aos mandos deste proxecto, coas actuacións de Matthias Schoenaerts (A rapariga danesa), Valerie Pachner (Bad Lucky), Bruno Ganz (O afundimento), Martin Wuttke (Malditos bastardos) e Maria Simon (Good bye, Lenin!).
- Título orixinal: A Hidden Life
- Ano: 2019
- Duración: 174 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Terrence Malick
- Guión: Terrence Malick
- Elenco: August Diehl, Matthias Schoenaerts, Valerie Pachner, Michael Nyqvist, Jürgen Prochnow, Bruno Ganz
- Montaxe: Rehman Nizar Ali, Joe Gleason, Sebastian Jones
- Dirección de arte: Bryce Tibbey
- Vestiario: Lisy Christl
- Son: William Franck
- Música: James Newton Howard
- Fotografía: Jörg Widmer
- Produtora: Fox Searchlight (Estados Unidos), Studio Babelsberg, Medienboard Berlin-Brandenburg (Alemaña)
- Distribuidora: Walt Disney Motion Pictures Spain