Vida vaquera
- Estrea
- DCP2K
- VO
Vida vaquera
- Cineuropa 2017
- Estrea
- DCP2K
Este documental exhibe a vida cotiá dunha das últimas familias de vaqueiros que se dedican á transhumancia en Asturias. Esta comunidade, que traballa co gando, no inverno vive no chairo e no verán sobe á braña. Esta estirpe de vida nómade é un grupo humano cun modo de subsistencia en vías de extinción. O director definiunos como «unha sociedade primitiva, unha sociedade precapitalista e comunista no sentido en que prioriza o comunitario sobre a individualidade». Este documental xurdiu do traballo previo que foi realizado para a serie de televisión L'alzada. A serie resaltaba principalmente o valor etnocultural do tema, así como a vida cotiá e a memoria oral da poboación vaqueira. A diferenza da serie, esta película expón outro tipo de esquema narrativo, o equipo documenta o traballo dos vaqueiros para establecer unha única mirada onde todos comparten o traballo. Tal cal expresou o director: «é a documentación do noso traballo documentando o traballo". Un testemuño sobre un xeito de vida que se atopa en vías de desaparecer.
- Título orixinal: Vida vaquera
- Ano: 2016
- Duración: 118 minutos
- Idioma orixinal: Español, asturiano
- Dirección: Ramón Lluís Bande
- Guión: Ramón Lluís Bande
- Música: Juan Uría Riu
- Fotografía: Juan A. García
- Produtora: Vera Robert, De la Piedra Producciones (España)