WOS Festival: Nick Cave. One More Time with Feeling
- Estrea
 - DCP2K
 - VOSE
 
WOS Festival: Nick Cave. One More Time with Feeling
- Estrea
 - DCP2K
 
Un evento cinematográfico irrepetíbel dirixido por Andrew Dominik. One More Time With Feeling vai ser a primeira oportunidade de escoitar Skeleton Tree, o álbum de estudio número 16 de Nick Cave & the Bad Seeds, un filme que vai chegar ao cinema NUMAX o 8 de setembro de 2016, xusto un día antes do lanzamento de Skeleton Tree. O concepto orixinal de One More Time With Feeling derivou nalgo moito máis significativo cando Dominik comezou a esculcar no trasfondo tráxico das letras e os sons do álbum. Entre as cancións interpretando o novo álbum dos Bad Seeds atopamos entrevistas e gravacións de Dominik, acompañadas polas narracións e reflexións improvisadas de Cave. En branco e negro e cor, o resultado é un testamento fráxil, cru e verdadeiro dun artista tentando atopar o seu camiño no medio da escuridade.
- Título orixinal: Nick Cave: One More Time with Feeling
 - Ano: 2016
 - Duración: 112 minutos
 - Dirección: Andrew Dominik
 - Guión: Andrew Dominik
 - Participación: Nick Cave & The Bad Seeds
 - Montaxe: Gareth Bishop
 - Dirección de arte: Stuart Renfrew
 - Son: Joakim Sundström
 - Música: Nick Cave & The Bad Seeds
 - Fotografía: Benoît Debie, Alwin H. Küchler
 - Produtora: Pulse Films (Reino Unido), Iconoclast (Francia)
 - Distribuidora: Picturehouse Entertainment