Échos / O gemer

  • Estrea
  • VOSE

Échos / O gemer

Échos, Éliane Radigue
Eléonore Huisse e François J. Bonnet | 2021 | 33 min | Francia
O filme aborda o mundo da pioneira do son Éliane Radigue (1932) desde una perspectiva de proximidade. A cineasta francesa Eléonore Huisse e o artista sonoro François J. Bonnet visitan a casa da súa amiga Éliane en París en tempos de distanciamento social y peche para explorar cuestións relacionadas coa soidade, a imaxinación, o retiro, a voz interior e a temporalidade, cuestións que resoan co traballo e a filosofía de Radigue.

O gemer
Xabier Erkizia | 2021 | 63 min | España
Filme experimental sobre a viaxe xeográfica e histórica do peculiar son dos carros de bois. Este son, que perdurou ata a década dos 60 en parte da cornixa cantábrica, na actualidade desapareceu practicamente en toda a península ibérica. O filme abarca un percorrido desde o silencio actual do son no noso territorio ata a súa reaparición, despois dunha investigación de varios anos, na parte central de Brasil. Este particular son estridente (pero afinado) producido polo carro cuestiona os nosos sentidos e a nosa experiencia sobre  como soa o mundo que transitamos.

Con presentación e breve coloquio posterior co director Xabier Erkizia.

  • Título orixinal: Échos / O gemer
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas