A libraría

Libraría NUMAX abriu as súas portas en marzo de 2015.

Somos unha libraría de fondo e novidade que alberga máis de 6000 títulos nun espazo de 45m2. Traballamos cunha nutrida rede de distribuídoras que nos permite poñer ao alcance dos nosos clientes títulos do máis diverso, comprendendo artigos infradistribuídos e publicacións especiais.

O noso persoal conta con formación en Humanidades e cunha ampla experiencia no sector do libro, o que nos permite garantir un servizo profesional e solvente.

Dispoñemos igualmente dunha tenda online, cun catálogo que conta xa con máis de 25 mil referencias e con servizo de envío internacional.

Tamén vendemos filmes (dvd e bluray), incluíndo artigos de importación.

Formamos parte da rede de librarías españolas confederadas na CEGAL, a través da Federación de Librarías de Galicia.

Compartimos local co Cinema NUMAX e temos un pequeno ambigú con servizo de café e outras bebidas.

 

Servizos

-Xestión de pedidos de libros esgotados e descatalogados

-Comandas internacionais: libro latinoamericano, títulos procedentes de Francia, UK, EEUU, Alemaña...

-Propostas bibliográficas temáticas

-Servizos a Bibliotecas: selección de novidades, xestión de comandas, facturación electrónica, garantía de compra responsable

-Eventos: montamos librarías pop-up para eventos e festivais, realizando unha selección específica acorde cos contidos programados.

-Presentacións de libros, dentro e fóra do noso espazo

 

RSE

Libraría NUMAX é unha das liñas de actividade económica de NUMAX S. Coop. Galega.

NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro: os nosos beneficios non se reparten entre as persoas socias, senón que se reinvisten no proxecto, garantindo o seu fortalecemento e viabilidade, e facendo posible que traballemos no eido cultural sen renunciar a unhas condicións laborais estables.

Traballamos dinamizando a nosa comunidade, no centro de Santiago, e procuramos colaborar e traballar conxuntamente con outros proxectos do terceiro sector.

Formamos parte doutras entidades da economía social, como Espazo Coop, Coop57 ou Nosa Enerxía SCG.