Que é NUMAX?

NUMAX é un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difusión cultural que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estabamos afeitos a facer por separado.

 

Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL

Operación subvencionada pola Consellería de
Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo
Público de Emprego Estatal

 

Este proxecto conta co financiamento e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica

Cinema

O Cinema NUMAX liga a tradición dos cinemas de Arte e Ensaio coas estreas máis recentes e os novos cinemas de Pescuda (Recherche et Découverte), tal e como se están a agrupar na actualidade as salas que tentan anovar de maneira activa as formas cinematográficas e as prácticas culturais.

Laboratorio

A terceira peza de NUMAX é un estudio de deseño gráfico e produción e posprodución de vídeo. O laboratorio NUMAX serve tamén de oficina desde onde se coordina toda a actividade interna da cooperativa e onde se procura a vertebración, creación e renovación constante do proxecto.

Libraría

A Libraría NUMAX conta cunha selección das novidades máis destacadas do panorama editorial, combinadas cun fondo de Literatura, Arte e Pensamento que permite a convivencia entre os distintos títulos do catálogo, de maneira que se creen entre eles diálogos e relacións novas.
O seu funcionamento como libraría virtual axiliza e amplía o noso catálogo físico.