A historia do touro Ferdinando
'A historia do touro Ferdinando' é unha alegoría pacifista e antibelicista moi estimada en numerosos países, e da que se fixeron máis de 60 traducións. Recomendado en Rusia e na India, onde foi o libro preferido de Gandhi, Hitler ordenou a súa queima na Alemaña nazi e en España foi prohibido por consideralo unha crítica contra a Guerra Civil.
KALANDRAKA recupera a primeira versión en branco e negro deste clásico -aínda tan vixente- que data de 1936. A historia presenta un Ferdinando sensible que, fronte á bravura doutros touros, prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Ano: 2016 |
- Páxinas: 72 |
- Dimensións: 185x225 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Fraga, Xesús |
- Ilustración: LAWSON, ROBERT |
- ISBN: 978-84-8464-982-3 |