Setembro
Premio de Poesía Martín Codax, 1998. Este libro de ton íntimo, que non intimista, está dedicado a "todas as mulleres da miña familia", pois o "eu poético inicia a procura da súa definición xenérica e familiar", como di Teresa Seara no limiar, e consegue compoñer un canto sensible que, con afán de solidariedade e autodescubrimento á vez, se revela como confesión e homenaxe ao fado de todas as mulleres. Ese mes transitorio entre as estacións, que trae os froitos do verán e anuncia as chuvias do outono, dá nome a un poemario no que a suavidade das palabras abrangue a intensidade da vida.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 112 |
- Dimensións: 135x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-240-6 |