Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Poemas birollos para ler cos ollos
                            ?Poemas birollos para ler cos ollos?  é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. 
Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora.
O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.

- Editorial: Xerais |
 - Ano: 2016 |
 - Páxinas: 72 |
 - Dimensións: 135x200 |
 - Idioma: Galego |
 - Ilustración: Alonso, Fran |
 - ISBN: 978-84-9121-052-8 |