Abalde Covelo, Marcos

Exhumación

En ?Exhumación?, a xuízo do xurado que lle concedeu o Premio Manuel Lueiro Rey, escóitase «o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que o autor soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva». Ademais, o xurado subliñou do poemario a súa «arquitectura moi sólida e tramada» e o feito de que a «dicción culta da obra convence polo seu poder evocador e a fulguración das imaxes labradas con gran mestría».
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2016 |
  • Páxinas: 56 |
  • Dimensións: 220x145 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-098-6 |