Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rábade Villar, María do Cebreiro

Os inocentes

O discurso lírico moderno abriu por primeira vez na historia da poesía a posibilidade de que calquera poida enunciar o seu dicir baixo o impulso da liberdade subxectiva. Os inocentes nomean un desexo imposible: regresar ao intre fundacional da lírica, a ese momento histórico no que a poesía chegou a ser definida como emoción evocada no acougo e a imaxianación foi pensada como a capacidade intelectual máis estimable. Baixo esas condicións, trazar un mapa dos afectos é unha tentativa de refundar a linguaxe e un xeito de combater o sentimentalismo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 76 |
  • Dimensións: 120x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-541-4 |