Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Fernández Paz, Agustín

A cidade dos desexos

Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada.
Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a muller está burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e queda flotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nos poderes daquela muller.
De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, que regresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises as palabras da xente.
Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídos pola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xa se cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estar alegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 135x190 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: UHÍA, MANOLO |
  • ISBN: 978-84-9782-303-6 |