A praia da esperanza
Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas.
A praia da esperanza é unha narración escrita durante os meses en que Galicia viviu a catástrofe do Prestige. A fantasía e a realidade mestúranse no relato e acaban por confluír nunha crónica da intensa resposta social que se produciu aquel inverno.

- Editorial: Xerais |
- Ano: 2008 |
- Páxinas: 104 |
- Dimensións: 135x195 |
- Idioma: Galego |
- Ilustración: Novoa, Teresa |
- ISBN: 978-84-9782-068-4 |