Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Fernández Paz, Agustín

Contos por palabras

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.
" Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " .
" O caso do unicornio azul " conta a historia dunha unicornia que acode
a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.
" Vanesa e o anuncio da televisión " conta a historia dunha nai empeñada
en que a súa filla sexa unha artista da televisión.
" Un artista de neón " : un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato " O caso do estraño empregado "
Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en " Ser superheroe non é doado " e " Noites de lúa chea " .
" O libro das infinitas historias " , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 152 |
  • Dimensións: 135x195 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: ENJAMIO |
  • ISBN: 978-84-9914-155-8 |