Fantasmas no corredor
A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas.
Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia.

- Editorial: Xerais |
- Páginas: 64 |
- Dimensiones: 135x190 |
- Idioma: Gallego |
- Ilustración: Villán, Oscar |
- ISBN: 978-84-9782-360-9 |