Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Schnitzler, Arthur

A señorita Else

Durante a súa ociosa estadía nun hotel de San Martino di Castrozza, Else recibe unha carta da nai na que esta lle roga que faga canto estea na súa man a fin de reunir axiña unha suma de diñeiro coa que saldar unha débeda do pai e evitar así que acabe na cadea. Todo parece indicar que a única saída pasa por un achegamento interesado a un vello coñecido, o señor von Dorsday, quen presumiblemente estaría en disposición de emprestarlles os cartos e eludir a deshonra familiar. Por tal motivo, a moza vese na obriga de se internar nun mundo ruín e malévolo, diametralmente oposto ás súas elucubracións románticas e inxenuas.

A señorita Else (1924) é unha das obras máis significativas de Arthur Schnitzler. Toca múltiples temas: a sedución, a inocencia, o papel da muller, o abuso e a clase social, os convencionalismos ou as aspiracións... Como é habitual nas obras do autor austríaco, o texto presenta un feitío de modernidade e de vixencia; entronca á perfección coa chamada novela psicolóxica e serve de denuncia dunha sociedade na que os intereses creados e os réditos de diversa índole priman sobre o plano humanístico e solidario. A obra, asemade un drama turbador e un dardo contra a hipocrisía social, foi moi ben acollida entre o público lector, e supuxo un dos maiores éxitos comerciais na carreira do autor vienés.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-945403-2-5 |