Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Ness, Patrick

Un monstro vén a verme

Conor tiña o mesmo pesadelo todas as noites desde que a súa nai enfermara gravemente. Pero algo distinto sucedeu unha madrugada
ao espertar e atopar un monstro na súa ventá. Era moi antigo,
moi vello, e viña con toda a forza da natureza reclamando algo
moi importante: o segredo máis oculto de Conor, un rapaz
que -malia estar asustado ante dureza coa que se lle presenta
a vida: a doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a longa distancia que o separa do pai, os problemas na escola- ten que asumir
a verdade, a súa realidade.
?Un monstro vén a verme? é unha extraordinaria e exitosa novela sobre o amor, a perda e a esperanza. A partir da idea orixinal
da escritora norirlandesa Siobhan Dowd, que en 2007 perdeulle
a batalla ao cancro, Patrick Ness tece unha historia emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor.
O seu tratamento da enfermidade e da morte non é frívolo,
enganoso nin edulcorado, senón auténtico, contundente e audaz.
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páginas: 144 |
  • Dimensiones: 138x205 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: Fraga, Xesús |
  • ISBN: 978-84-16721-04-7 |