Horarios: luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Baceiredo, Rebeca

OIKO-NOMÍA DO XÉNERO

A visión que nos presentaron historicamente como verdade única –e que foi usada como criterio socializador–, así como os conceptos empregados na confección do discurso patriarcal son sinxelas proxeccións do actual paradigma interpretativo: a perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, que se impón como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores.

Rebeca Baceiredo, nunha fina re-interpretación das pegadas históricas, que van desde a Prehistoria ata a vertixinosa contemporaneidade do neoliberalismo, pasando pola Idade Media e por varios sistemas culturais non occidentais, proponnos con unha re-visión e axuste daquel mito explicativo, a partir da análise do xénero como función subalterna e da íntima relación que garda co concepto de propiedade, oiko, e co da súa xestión, nómos.
  • Editorial: Axoúxere |
  • Páxinas: 211 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-944763-3-4 |