Horarios: luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Dispoñible en 7/15 días

Baceiredo, Rebeca

O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005. A análise da peculiaridade posmoderna permítelle á autora propoñer a diagnose dalgúns dos temas que forman parte do debate actual, entre eles o efecto dos medios de comunicación na percepción que o individuo ten da realidade. Como inflúen os procesos de comunicación no individuo contemporáneo? A primacía da virtualidade, a sociedade da imaxe que absorve e rexe o mundo presentándoo para o consumo, pode revelar as estrías sociais que latexan na realidade actual? Que roteiros de emancipación son factibles para un individuo fragmentado, vulnerable e manipulable?
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2006 |
  • Páxinas: 148 |
  • Dimensións: 210x140 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8288-932-0 |