O xogo serio
O xogo serio, a derradeira das catro novelas escritas por Hjalmar Söderberg (se cadra a de maior carga autobiográfica e tamén a máis fatalista), publicouse orixinalmente en lingua sueca en 1912. O autor desenvolve a historia de Arvid Stjärnblom, quen vive na dúbida e no dilema permanentes, tanto no eido profesional coma nas súas relacións persoais e amorosas. O amor adquire especial relevo nestas páxinas, abordado dende unha perspectiva psicolóxica, a partir da fonda melancolía que impregna, polo demais, toda a obra de Söderberg. A acción, conducida de maneira maxistral, acontece en Suecia ao longo dos anos finais do século XIX e os primeiros do XX, en escenarios como Estocolmo. Nesta cidade, entre fermosas prazas e co pano de fondo das grandes transformacións xeopolíticas que aconteceron nesa época, transcorre a convulsa vida duns personaxes complexos e a miúdo contraditorios, até o punto de poder afirmar que o lector de hoxe recoñecerá a extrema vixencia de non poucos comportamentos.
- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-945403-7-0 |