Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

García Caballero, María

LA VIDA MUSICAL EN SANTIAGO A FINALES DEL SIGLO XIX

VIDA MUSICAL EN SANTIAGO, LA
A FINALES DEL SIGLO XIX
María García Caballero
A musicóloga María García leva a cabo un extenso e documentado estudo de máis de 400 páxinas sobre unha época moi pouco tratada pola bibliografía existente.

Tunas e concertinas, orfeóns e rondallas, funcións teatrais, compañías líricas, ópera, zarzuela, sociedades recreativas, verbenas, romarías, bailes, cafés-concerto, unha Banda Municipal en auxe... La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX transpórtanos a unha Compostela na que a música empeza a transcender os seus espazos habituais relixiosos –con epicentro na catedral e a súa Capela de Música– e ábrese a novas manifestacións máis laicas e urbanas ligadas a unha ideoloxía en auxe, o Rexionalismo. É a época da creación da Escola de Música da Sociedade Económica de Amigos do País, antecedente do actual Conservatorio Histórico de Santiago. A autora, María García Caballero, doutora en Musicoloxía, mergúllanos nun universo apenas tratado pola bibliografía especializada. Centenares de datos, anécdotas, cifras e nomes propios constitúen un vasto estudo que nos traslada aos costumes e formas de vida dun tempo convulso e histórico, o Santiago da Restauración.
  • Editorial: Alvarellos Editora |
  • Páginas: 407 |
  • Dimensiones: 170x240 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-89323-26-1 |