Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Tejelo, Pura

A elegancia do século

Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable. En cada poema atopamos lugares e personaxes recoñecibles, contemplados desde unha perspectiva próxima, nus ante a loita pola supervivencia. Son homes e mulleres cheos de valor e dignidade, persoas anónimas; pero conscientes, non derrotadas.
Este é un libro vital, un canto de esperanza, no que a tenrura e o humanismo conviven coa ironía, o xogo e a experimentación. Un poemario sereno e comprometido, onde as palabras, xustas e belas, conviven en harmonía. Ese é o sentido último da palabra poética, o gran valor de A elegancia do século.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 72 |
  • Dimensiones: 145x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-154-9 |