Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rivas, Manuel

A man dos paíños

Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos pahíños.
Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción (?A man dos paíños?), un relato fotográfico (?O álbum furtivo?), e un relato xornalístico (?Os náufragos?). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 144 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8302-591-8 |