Unha espía no reino de Galicia
Tras ?Galicia. Galicia?, Manuel Rivas ofrece neste libro unha nova xeografía galega que consta de catro lugares comunicados por camiños no tempo e no espazo: ?Galicia contada a un extraterrestre?, amplo informe dirixido a un alien, chamado Golf Oscar Delta, sobre os hemisferios da Galicia de hoxe; ?A espía (Iª volta)? e ?A espía (IIª volta)?, informes das pesquisas dunha espía enviada a investigar os segredos do país dos galegos; e ?O blog de rumbar?, anotacións nun caderno electrónico sobre o tempo presente. Un xornalismo que propón a rebelión do humor. Unha obra salgada na ironía e cun chisco de saudade que aposta pola rebelión contra o ?estado de excepción mental?, o dominio do partido conformista e o imperio do absurdo e o baleiro. Un libro que concibe Galicia como célula nai, como matria, como almeiro, como lugar de encontro continental e transatlántico.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 232 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9782-193-3 |