Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Sánchez, Cesáreo

Tempo Transfigurado

...No recordo do que non ten memoria
baixo forma de amor ningunha
pénsote e pérdome
no perfume
da flor de cera e de papel.
Bebo o teu orballo
e son as que fuches e por quen agardo
e non sei quen es nin desde cando.
(Schubert)
Con este libro o autor emprende, e convídanos a facer con el,
unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil
mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil
á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar
alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles,
a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora
da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías
dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).
  • Editorial: Faktoría K de Libros |
  • Páginas: 104 |
  • Dimensiones: 145x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-16721-11-5 |