CHÉVERE

Río Bravo

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase
"Río Bravo", onde os homes son homes e as mulleres tamén.
Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western»
e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero
tan icónico como os filmes de vaqueiros.
Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde
non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz,
o telegrafista... Estreado en Santiago en 1990, "Río Bravo"
é un claro exemplo de que o teatro de Chévere "está feito para ser escoitado e visto ao vivo", explica a compañía. A presente edición, que marca o inicio da Biblioteca de Teatro de KALANDRAKA,
baséase nunha versión posterior do espectáculo, do ano 2002.

  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 96 |
  • Dimensións: 160x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-320-3 |