Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

CHÉVERE

Citizen

Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario?
Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia
xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global.
Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación
do fracaso colectivo como país?
[Fragmento do limiar de Xesús Ron: ?A extrema sinxeleza do teatro?]
?Citizen? é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí
e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio
Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado
en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, ?Citizen? é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 160 |
  • Dimensións: 160x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8464-456-9 |