Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Queipo, Xavier

55

Para celebrar o 55 aniversario da súa vida, Xavier Queipo presenta 55, unha colección de 55 relatos (56 se contamos o limiar, sempre evocador). A pegada do mar e dos océanos, o abraio diante das marabillas da natureza, as viaxes e as aprendizaxes que veñen prendidas tras dos ollos, as experiencias e soños dunha vida xa non curta. Xavier Queipo experimenta desde que comezou a súa andaina como escritor coa forma e cos contidos, sempre baixo a sombra tutelar da fascinación e do xogo, da alteralidade e da celebración da palabra. Este libro configura un mosaico de historias en alquimia perfecta de realidade e ficción, de espellos deformantes, a medio camiño entre a erudición e a lembranza de vidas pasadas ou posíbeis. Queipo presenta un libro que non vai deixar indiferente a quen se mergulle na súa prosa engaiolante. Un longo percorrido de innovación, de prosa mil veces renovada. Un libro para gozar.
  • Editorial: Xerais |
  • Año: 2014 |
  • Páginas: 320 |
  • Dimensiones: 150x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9914-698-0 |